Monday 06 de May de 2024

O Concello saca a licitación por 189.000 euros o contrato para a xestión da escola infantil ‘A Ceboliña’


• O contrato será por un ano, prorrogable outros tres.
• O prazo para presentar ofertas finalizará o próximo 29 de abril.
• Manuel Vázquez Faraldo explica que “a licitación deste servizo era un dous nosos obxectivos desde que entramos ao goberno xa que era fundamental para dar unha garantía ás familias”.
O Concello de Miño sacou a licitación por un total de 189.139,89 euros o contrato para a xestión da escola infantil, que terá unha vixencia dun ano podendo este ser prorrogado por outros tres.
O prazo para presentar ofertas finalizará o próximo 29 de abril. Os pregos incorporan as condicións de funcionamento do contrato, como o calendario escolar, horario, número de prazas, o cociente de alumnos e alumnas por aula debida ás restricións sanitarias, o servizo de almorzo e comedor, etc.
O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, explica que “a licitación deste servizo era un dous nosos obxectivos desde que entramos ao goberno xa que era fundamental para dar unha garantía ás familias”.